Este fin de semana o CAS organiza o Campeonato de España de Clubes Master nas pistas de Elviña.
Os 34 mellores clubes de España participarán nas xornadas de sábado 11 pola tarde (primerira división) e domingo 12 pola mañá (segunda división).
Non deixes de asistir para animar ao Club Atletismo Sada que participará na xornada do Sábado
Aquí tes o enlace ao campeonato, con horarios, probas e inscritos.
Os atletas do club podedes asisitir a celebración posterior xunto cos atletas participantes dos outros equipos. Consultade a información nas canles habituais dos vosos grupos de adestramento.
Arranca a conta atrás para unha nova e emocionante tempada no Club Atletismo Sada, e queremos que formes parte dela! Se queres iniciarte no mundo do atletismo, mellorar a túa técnica ou simplemente desfrutar do deporte en equipo, este é o teu momento.
Xa está dispoñible o noso formulario de preinscrición para o curso 2026-2027. Podes acceder directamente e cubrir os teus datos premendo na seguinte ligazón:
👉 Acceder ao Formulario de Preinscrición - Tempada 2026-2027
Para que o proceso se realice correctamente, prega se teña en conta o seguinte:
Un formulario por persoa: Débese cubrir un formulario individual para cada membro da familia que se queira inscribir.
Criterio de adxudicación: As prazas adxudicaranse por estrito orde de chegada das solicitudes. Terán preferencia aqueles atletas que xa adestraron con nós a tempada pasada en calquera dos grupos.
Modificacións de horarios e lugares: Lembra que este documento é unha preinscrición. Os horarios e os lugares de adestramento poderán ser modificados co obxectivo de axustarnos ás condicións que veñan impostas polos propietarios das instalacións (Concello / Universidade).
Ficha federativa obrigatoria: Todos os atletas menores de idade deberán ter a ficha federativa obrigatoriamente, así como os maiores de idade que adestren na pista.
Formación de grupos: Para que se poida formar un grupo de adestramento, será necesario contar cun mínimo de 12 atletas.
Non o deixes para o último día, xa que as prazas son limitadas. ¡Garante o teu oco para este novo curso!
Se tes calquera dúbida ou precisas máis detalles, podes poñerte en contacto co club a través dos seguintes medios:
📧 Correo electrónico: cas.secretaria.club@gmail.com
📱 Teléfono: 619 038 998
Xa está aberta a inscrición para o noso Campus de Verán! Unha oportunidade perfecta para gozar do deporte nunha contorna inmellorable. Aquí tes toda a información necesaria para realizar a reserva:
Lugar: Pavillón do IES Isaac Díaz Pardo (Sada).
Horario: De luns a venres, de 9:00 a 14:00 (excepto festivos).
Idades: Dirixido a nenos e nenas nados entre 2013 e 2019.
Preparamaos un programa cheo de diversión que inclúe: xogos pre-deportivos, dinámicas de campamento, probas de atletismo, manualidades e, por suposto, saídas á praia.
Socios do CAS: 95 €
Non socios: 105 €
Inscrición individual: Se desexas anotar a varios fillos/as, deberás realizar unha inscrición por cada neno/a.
Reserva de praza: A praza só quedará oficialmente reservada unha vez se teña completado o pago a través da ligazón.
Prazas limitadas: Existe un máximo de 30 prazas por quincena. Unha vez esgotadas, a ligazón bloquearase automaticamente.
Lista de agarda: Se a quincena do teu interese está completa, podes apuntarte á lista de agarda contactando co número de atención do club: 619 038 998.
1ª Quincena 22 de xuño ao 5 de xullo
2ª Quincena 6 ao 19 de xullo
3ª Quincena 20 de xuño ao 2 de agosto
4ª Quincena 3 ao 16 de agosto
5ª Quincena 17 ao 30 de agosto
💬 Tes dúbidas? Estamos á túa disposición para calquera consulta. Pregúntanos sen compromiso! 😉
ABERTAS INSCRIPCIONS 👇👇👇
Todas as saídas dende a Casa da Cultura de Sada Pintor Llorens https://maps.app.goo.gl/q3FiH5ALXJtRjZY2A
Trail nocturno, sábado 24 , saída as 19:00
Trail longo, domingo 25, saída as 10:00
Trail combinado (nocturno + longo), sábado 24 as 19:00 e domingo 25 as 10:00
Andaina (non competitiva), domingo 25, saída as 10:05
Marcha nórdica, domingo 25, saída as 10:05
Trail curto - Inlcusivo, domingo 25, saída as 11:15
Trailiño (non competitivo), domingo 25, saída as 11:20
No pavillón do instituto de Sada. ¡¡ Prazas limitadas !!
Datas: do 22 de decembro ao 2 de xaneiro (agás festivos)
Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00h.
Precios:
Socios 50€ quincena, 30€ semana
Non socios 60€ quincena, 40€ semana.
10% desconto por irmán
Actividades:
Xogos pre deportivos
Dinámicas de campamento
Probas de atletismo
Manualidades
O Club Atletismo Sada (CAS) emprende a súa carreira máis ambiciosa: conseguir o solo necesario para construír unha instalación deportiva que poida albergar unha pista de atletismo axeitada. Esta instalación é fundamental para atender as necesidades específicas dos nosos máis de catrocentos atletas e subsanar o déficit de infraestruturas de atletismo en toda a área metropolitana da Coruña.
En que consiste a campaña?
Dado que non hai parcelas municipais adecuadas, a opción pasa por adquirir un terreo privado. Para isto, o CAS iniciou unha campaña de mecenado (crowdfunding) que ten un obxectivo económico de 150.000 euros. Os terreos necesarios deben ter, como mínimo, 25.000 metros cadrados.
A instalación resultante sería unha pista ao aire libre de 400 metros con aspiración a incluír un módulo cuberto, bancadas e vestiarios. Esta pista está pensada para a práctica de atletismo federado, popular, de montaña e adaptado.
A campaña desenvólvese co apoio do Concello de Sada, a Xunta de Galicia e a Fundación Amare Terra, na súa plataforma de micromecenado deportivo, Terra Move.
Vantaxes de colaborar (Mecenado Didáctico):
A túa achega é unha inversión na comunidade, na saúde e no futuro do atletismo galego. Ademais, o mecenado conta con importantes vantaxes fiscais: grazas á Lei de Mecenado, podes deducir ata o 80% da túa achega na próxima declaración da renda.
Esta campaña estenderase ata febreiro de 2026. Colabora co club con máis licenzas de Galicia e axúdanos a facer realidade a Pista do Futuro!
Podes realizar a túa doazón a través da plataforma Terra Move:
Inscripcións ata o día 29 de outubro.
Adultos e nenos ata 2019
Nenos nados de 2020 a2024 e andaina
Consulta as distancias e horarios no regulamento.
Reserva a tua praza
Contacto: 619 038 998
De luns a venres de 9:00 a 13:00
Agás festivos
Contacto: 619 038 998
De luns a venres de 9:00 a 14:00
Agás festivos
Xogos pre-deportivos
Dinámicas de campamento
Probas de atletismo
Manualidades
Saídas a praia
1Q (23 de xuño ao 6 de xullo)
2Q (7 de xullo ao 20 de xullo)
3Q (21 de xullo ao 3 de agosto)
4Q (4 de agosto ao 17 de agosto)
5Q (18 de agosto ao 31 de agosto)
85€ Quincena para socios do CAS
95€ quincena para non socios do CAS
10% desconto para seguintes quicenas ou irmáns
ABERTAS INSCRIPCIONS 👇👇👇
Combinada (Trail nocturno + Trail longo) - Fisiosport 45.300 m
Trail Nocturno - Sericum serigrafía 16.500 m
Trail Longo - Marathon Runningshop 28.800 m
Trail Curto - La Caixa 16.500 m
Trailiño - La tienda de Lino 9.900 m
Andaina - Mieles Anta 15.000 m
🎄 Cea de Nadal - Club Atletismo Sada 🎄
📅 Data: 21 de decembro de 2024
📍 Lugar: Hotel Attica, Oleiros
🎉 Evento só para adultos
Disfruta dunha noite especial cunha cea deliciosa, música en directo co grupo VERSIÓN IMPOSIBLE, e despois un DJ e ¡baile ata o amencer!
📍As Brañas 19:00 https://maps.app.goo.gl/ZdF8toa5p79Ssffn6
Organizan Concello de Sada e Club Atletismo Sada.
Categorías e distancia aproximada por categoría:
Chupete e prebenxamins 100m (recta de saída)
Sub10/Benxamins 1 volta (300m)
Sub12/Alevins 2 voltas (600m)
Sub14/Infantis 3 voltas (900m)
Sub16/Cadetes 3 voltas (900m)
Carreira adaptada 2 voltas (600m)
Sub18/Xuvenil-xunior, senior, máster/veterans A, B,C e D, handbike 5km.
Horarios premiaciones:
10:40 Premiación Sub18-20 Master Senior y adaptada
12:55 Sub10-12-14-16 individuales y equipos
EQUIPOS INSCRITOS SUB18-20: no es necesario que sean del mismo club
RIAZOR SUB18 A
RIAZOR SUB18 B
CAS SUB18
NOIA SUB18
EQUIPOS INSCRITOS ABSOLUTO MASTER: no es necesario que sean del mismo club
CAS-TRONES
4 FANTASTICOS
KATA-CAS
TRIATLON ATLANTICO
INSCRITOS SUB10-12-14-16
Domingo 1 de decembro
10:00h Cross Popular Concello de Sada 2024
Sub8, Sub18, Sub20, Sub23, Senior, Máster e Adaptada
11:00h Cross Escolar Xogade
Sub10, Sub12, Sub14 e Sub 16
Prazas limitadas. Pavillón instituto de Sada
619 038 998
Xogos pre-deportivos
Dinámicas de campamento
Probas de atletismo
Manualidades
Do 23 de decembro ao 3 de xaneiro (agás festivos)
De luns a venres de 9:00 a 14:00
Pavillón instituto de Sada
Socios: 50€ quincena / 30€ semana
Non socios: 60€ quincena / 40€ semana
10% desconto por irmán
RESULTADOS
En decembro chega o momento de tramitar as licenzas para a próxima tempada 2024.
É obrigatorio ter licenza de atletismo para adestrar connosco salvo os grupos de running que é opcional.
As licenzas das categorías dos menores (sub20, sub18, sub16, sub14, sub12, sub10 e sub8) xestionaraas o directamente o club cos datos que xa temos, non tedes que facer nada.
Se tedes algún fillo menor que desexe facer ou renovar a licenza connosco e non adestra en ningún dos nosos grupos oficiais rogamos poñádesvos en contacto connosco no correo cas.secretaria.club@gmail.com para solicitala.
En canto as categorías SUB 23, SENIOR E #MÁSTER.
Para formalizar a licenza deberedes encher este formulario antes do día 3 de decembro.
Cando o recibamos pasaremos a facer a renovación ou licenza.
CUOTAS LICENCIAS FGA 2024
Máster - 70,81 €
Sénior - 68,18 €
Sub 23 - 53,18 €
Sub 20 y Sub 18 - 40,53 €
Sub 16 y Sub 14 - 18 €
Sub 12, Sub 10 y Sub 8 - 15 €
CUOTAS LICENCIAS RFEA 2024 (OPCIONALES)
Máster, Sénior y Sub 23 - 57 €
Sub18 y sub20 - 35€
Sub16, sub14, sub12, sub10 y sub8 - 28€
Calquera dúbida ou aclaración diríxanse ao correo cas.secretaria.club@gmail.com ou ao teléfono 619038998
NOSOS PATROCINADORES
ACTIVIDADES SUBVENCIONADAS POR
Esta tarde Frank Fernández Director Xeneral en Texas Controls asinou un acordo de colaboración co CAS para esta tempada. TEXAS CONTROLS será patrocinador para o prometedor equipo sub20 masculino.
Moitas grazas a Frank polo seu apoio 👏👏👏👏👏